Comezan as accións formativas do programa Empregamarín IV
Por Redacción
O Concello de Marín deu inicio ás súas accións formativas incluídas no programa integrado de emprego Empregamarín IV. Trátanse de cursos que contemplan a realización de prácticas formativas non laborais por parte dos participantes en empresas de diferentes sectores de actividade económica.
Nas instalacións municipais da Leira de Briz impártense os cursos de Técnicas de limpeza hospitalaria e Operacións auxiliares de Comercio. No centro formativo A Aixola, pola súa banda, deuse comezo ao curso de Reparación de embarcacións pneumáticas e acastillaxe.
Empregamarín IV conta cun orzamento previsto de 97.530 euros, dos cales 78.024 corresponden á parte subvencionada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e os 19.506 restantes a fondos do propio Concello.
Como obxectivo final desta iniciativa, que se desenvolverá ata o 30 de novembro de 2018, está posibilitar a integración laboral de persoas demandantes de emprego con dificultades para acceder a unha ocupación no mercado laboral. O colectivo ao que vai dirixido o programa son os traballadores desempregados inscritos como demandantes laborales nos Servizos Públicos de Emprego menores de 30 anos.