Nacho Cortés seguirá a ser secretario xeral das Xuventudes Socialistas de Marín
Por Redacción
Nacho Cortés continuará sendo o secretario xeral das Xuventudes Socialistas de Marín. Estará acompañado pola secretaria de organización, Joanna Vilas; a secretaria de Igualdade, Inés Couso e por Iván Pastoriza como secretario de Política Municipal.
Tras esta Semana Santa, a organización celebrará unha asemblea na que Inés Couso ocupará este novo cargo nunha etapa que o líder da agrupación considera de renovación co obxectivo de traballar para ofrecer unha alternativa política ao goberno do Partido Popular, que encabeza María Ramallo, no Concello de Marín.
Nacho Cortés incide en que os mellores tempos para Marín foron con alcaldes do PSdeG-PSOE como Pierres, Toneco ou Fran Veiga. Durante este mandato, Xuventudes Socialistas promoveu dúas mocións para a mellora da biblioteca; unha para a mellora de horarios e servizos da liña de autobús entre Marín e Pontevedra; varias de adhesión á Hora do Planeta e unha, aprobada polo pleno, para poñer en marcha un plan contra a LGTBfobia.