Causan danos en varios colectores de Marín
![Oskar](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/b40/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/573b7bbf54-perfil.jpg)
Por Oskar Viéitez
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/93d/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5a9597e373-image008.png)
© Concello de Marín
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/bcb/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5a9597f828-image009.png)
© Concello de Marín
O Concello de Marín informou de varios actos vandálicos rexistrados esta fin de semana que afectaron os colectores situados nos lugares de Pereiro, Silvestre, Cidrás e Porteliña. Algúns deles foron botados á beira de estrada, baleirando o seu interior e desmontáronlles as rodas.
Por outra banda, a empresa concesionaria informou do mal estado no que estaba o colector subterráneo situado nun lateral da Alameda Rosalía de Castro.
Tamén se detectou un depósito ilegal de restos de madeira que alguén deixou dentro dun dos colectores.
Desde o Concello solicitan aos usuarios que depositen o lixo dentro e no caso de estar cheos, o leven a outros colectores próximos, xa que, ademais de enfrontarse a unha multa, os cans e os paxaros poden romper as bolsas, espallando o seu interior.