Lores viaxará a Austria para representar a Pontevedra no Salzburg Global Seminar
O Seminario Global de Salzburgo foi creado por un grupo de exalumnos de Harvard co fin de desafiar a líderes a crear un mundo mellor. Por el pasaron personalidades como Kofi Annan, Hillary Clinton ou Leontief, Nobel de economía.
Pontevedra foi convidada para compartir os detalles do seu modelo de cidade que a diferencian do resto de cidades do mundo. Os responsables do seminario interesáronse por Pontevedra a partir da súa aparición en documentais, publicacións de mobilidade e televisións de países como Italia, Francia, Bélxica, Corea do Sur, Alemaña e México.
Queren que forme parte da Declaración de Salzsburgo, compromiso de 10 anos para levar a cabo un cambio no modo de xestión dos países.
Miguel Anxo Fernández Lores é o único político invitado e compartirá mesa cun dos responsables da multinacional Unilever e o director executivo de PCI Media Impact. Para iso, viaxará a Salzsburgo xunto con Anabel Gulías, responsable da promoción da cidade, o día 5 de marzo para participar nas conferencias do día 6 e nas actividades do 7, a xornada máis importante. Volverán a Galicia en canto asinen a declaración.
O alcalde sinala que a participación nun foro desta envergadura xerará unha proxección internacional e establecerá redes con persoas de primeiro nivel.
Na súa intervención compartirá o modelo de cidade de Pontevedra pensado para as persoas, tendo en conta a ocupación do espazo público, a sustentabilidade, a calidade urbana e a do aire.
Relacionadas:
-
Pontevedra volve a México para expor o seu proceso de transformación no Mextrópoli 2018
Por Anxo Lourido |
-
A Universidade de Salzburgo, interesada en diagnosticar a evolución ambiental de Pontevedra
Por Redacción |
-
Salzburgo estuda o modelo de Pontevedra como "paradigma" de espazos urbanos
Por Redacción |
-
Viladecans e Pontevedra, unidas en filosofía urbanística
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |