O PP denuncia que o Concello pagou os aperitivos do congreso da CIG
Por Redacción
Un total de 1.859 euros. É o prezo que custaron os aperitivos servidos no congreso que o sindicato CIG celebrou hai uns meses en Pontevedra. O PP denuncia que esa factura foi abonada polo Concello.
Jacobo Moreira lamenta que tras 18 anos de goberno, o BNG "non distingue entre o público e o privado" e enmarca este gasto nunha política "caciquil" coa que se está financiando o nacionalismo galego.
Para o portavoz popular, o goberno municipal "debe estar ao servizo dos veciños e non dun partido político" e acusa ao BNG de "desviar" diñeiro a entidades e colectivos "afíns".
Moreira preguntará ao alcalde no próximo pleno municipal polo pago desta factura.