Lucia Pedroso, nova presidenta dunha AJE que busca mostrar "unha imaxe máis fresca e divertida"
Por Redacción
Lucia Pedroso Suárez, ata agora tesoureira da Asociación de Jóvenes Empresarios de Pontevedra (AJE), é desde este venres a nova presidenta deste colectivo empresarial. O seu antecesor, José Manuel Valenzuela, deixara o cargo recentemente tras ser nomeado presidente de AJE Galicia, polo que se tiveron que convocar eleccións para elixir a unha nova directiva.
A nova directiva, coa cal quérese seguir a liña de profesionalizar a asociación para poder darlle un mellor servizo a emprendedores e empresarios, estará liderada, ocupando o cargo de presidenta por Lucia Pedroso Suarez, pertencente ao sector dos servizos sociais.
Xunto a Lucia Pedroso Suarez, serán membros da nova directiva:
- Cesar Perez da Silva: ocupando o cargo de secretario e pertencente ao sector da gestoría administrativa, asesoría fiscal, contable e laboral e correduría de seguros.
- Marta Duran Bouzada: ocupando o cargo de tesorera e pertencente ao sector da construción.
- Ricardo Fra Otero: pertencente ao sector dos servizos sociais.
- Francisco Javier Diz Gómez: pertencente ao sector da arquitectura.
- Jose Antonio Pazos González: pertencente ao sector pesqueiro.
- Luís Taboada Villamil: pertencente ao sector da informática
- Manuel Otero González: pertencente ao sector pesqueiro.
- José Manuel Valenzuela Limiñana: pertencente ao sector sanitario.
Ademais, coa entrada desta nova directiva, AJE Pontevedra busca mostrar "unha imaxe máis fresca e divertida, sempre comprometidos coa provincia, os seus empresarios e emprendedores".