Denuncian dúas persoas por alteración da orde pública en Santa Kata
Por Redacción
A Policía Nacional a denunciado durante a xornada deste xoves a dúas persoas por alteración da orde púbica durante a celebración da festa de Santa Katabirra no campus universitario.
Segundo informaron fontes policiais, a xornada saldouse con queixas, pero sen incidentes de alcance a pesar de que se concentraron no campus centos de mozos procedentes de distintos puntos de Galicia e algúns traballadores denunciaron actos vandálicos e vandalismo.
Así, a Policía Nacional realizou tarefas de vixilancia e prevención da seguridade no ámbito e as súas actuacións tan só deixaron de balance dúas identificacións, ambas as dúas de persoas que coa súa actitude estaban a alterar a normal celebración da festa e molestaban os asistentes.
Un deles foi un home de entre 35 e 40 anos. Varios asistentes á celebración pediron a intervención policial porque "estaba a molestar". Carecía de documentación, de modo que foi trasladado á Comisaría da Policía Nacional para proceder á súa identificación. Unha vez alí, comunicóuselle que se lle levantara unha acta de sanción por alteración da orde pública.
O profesor Fernando Ramos denunciou que "toda a chusma de Pontevedra se concentrou a outra noite no Campus da Xunqueira. A maioría non eran estudantes. Eran mala xente. Causaron estragos gratuítos e como animais que son usaron estacionamentos e espazos públicos para aliviarse da bebida consumida".
Este docente asegura que "se produciron roubos e danos" e que a facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación "se levou a peor parte, xa que estes vándalos esnaquizaron a barreira de acceso ao estacionamento".