A Fiscalía pide cinco anos de prisión para tres acusados de estafar ao dono dunha gasolineira
Por Oskar Viéitez
No banco dos acusados da Sección Segunda da Audiencia de Pontevedra sentarán este próximo xoves tres persoas acusadas dun delito de estafa.
A Fiscalía acúsalles de enganar a un empresario dono de gasolineiras que pretendía ampliar o seu negocio.
O escrito de cualificación da Fiscalía explica que a vítima teríalles entregado 646.000 euros por uns traballos que non chegaron a realizarse.
Por estes feitos o representante do Ministerio Público solicita para os acusados unha condena de cinco anos de prisión para cada un, o pago dunha multa de 3.600 euros e indemnizar ao empresario.
O caso procede do xulgado de instrución número 1 de Pontevedra.