A patronal pide liberar o tramo Pontevedra-Curro para compensar a suba da AP-9
Por Alejandro Espiño
O aumento das peaxes na autoestrada AP-9, ata en catro veces este ano, preocupa á patronal da cidade de Pontevedra. Entenden que terá consecuencias económicas en termos de competitividade. De aí que AEMPE e AJE Pontevedra reclamen compensacións.
A principal medida, sinalan nun comunicado, debe ser liberar o tramo da autoestrada que une Pontevedra co Salnés en Curro (Barro), a través da Autovía do Salnés.
Esta conexión directa e gratuíta con toda a comarca favorecería, engaden as dúas asociacións empresariais, non só a mobilidade cidadá senón tamén empresarial. Con esta proposta, ademais, cren que melloraría a competitividade do polígono de Barro-Meis.
A comarca de Pontevedra "non pode ser a gran prexudicada na mellora da conectividade do sur da provincia" e por iso instan á Xunta de Galicia, ao Ministerio de Fomento e á concesionaria da AP-9 a que tomen medidas "que eviten o illamento da nosa contorna".
AEMPE e AJE destacan que a liberalización do tramo Redondela-Vigo é un feito "moi positivo" para os cidadáns de Redondela e a súa comarca así como a ampliación da ponte de Rande, pero engaden que "o que non parece xusto é que repercuta na suba do resto dos peaxes".
Relacionadas:
-
Fomento só ordenará "en casos moi concretos" levantar as barreiras da peaxe da AP-9
Por Redacción |
-
Lores e Carmela Silva piden "levantar" a peaxe da AP-9 ata que acaben as obras en Rande
Por Alejandro Espiño |
-
Rexeitamento frontal de Pontevedra á xestión da AP-9 e a súa "abusiva" subida de peaxes
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Os socialistas instan ao Goberno a asumir o custe da ampliación da ponte de Rande
Por Oskar Viéitez |
-
Marea Pontevedra súmase ao clamor contra "o calote das peaxes"
Por Oskar Viéitez |