A Deputación esixe un compromiso mínimo coa língua galega por parte dos concellos
Por Oskar Viéitez
O deputado de Cultura e Lingua, Xosé Leal, anunciou que a Deputación de Pontevedra incrementará a partida orzamentaria das axudas destinadas a promover o uso do galego ata os 300.000 euros
Estas axudas para servizos de normalización lingüística e para dinamización do galego naceran con 150.000 euros no ano 2016.
Leal tamén advertiu que a institución provincial esixirá uns compromisos mínimos neste eido por parte dos concellos.
A aprobación dunha ordenanza municipal sobre o uso da lingua, a planificación e estabilidade dos programas, a transversalidade das iniciativas, e un mínimo de recursos propios, serán requisitos obrigatorios para optar a estas axudas.