Parada celebra a romaría de San Vicente
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Os veciños de Ponte Caldelas gozaron este luns da romaría de San Vicente, no lugar de Parada, unha das festas populares e relixiosas de maior tradición do municipio.
A pesar de que este ano coincidiu con algo de choiva, asistiron centos de persoas para seguir a tradicional misa e procesión. No lugar instalouse tamén un posto de comida, que atendeu a moitos dos asistentes.
A romaría de Parada esperta devoción en Ponte Caldelas e non é raro que acudan romeiros a cabalo, tanto polo camiño que ven de Xustáns e Taboadelo, como polo que continúa cara Parada.
O Concello acondicionou todo o espazo cun desbroce integral que deixou o lugar en perfectas condicións.
O próximo domingo se celebrará a festa de San Vicente Pequeno.