Falece unha anciá en Meaño por unha posible intoxicación por monóxido de carbono
Por Redacción
Unha muller de 88 anos faleceu no lugar de Outeiro, Covas, por unha posible intoxicación por monóxido de carbono.
Os feitos producíronse na noite do mércores, pasadas as 23:00 horas, no seu domicilio, no que se encontra situado un furancho.
Ao lugar desprazáronse Garda Civil, Bombeiros do Salnés e Urxencias Médicas, aínda que os sanitarios non puedieron facer nada por salvar a vida da octoxenaria.
Os efectivos de emerxencias que acudiron ao lugar aseguraron que á súa chegada se notaba olor a gas, se ben as medicións realizadas non sinalaron un nivel suficiente para producir unha intoxicación, tal e como confirman dende os Bombeiros do Salnés, "cheiraba un pouco a gas pero non era unha cantidade suficiente, non debería ser preocupante, hai que esperar a autopsia porque puido ser incluso unha morte natural".