O 84% dos hóspedes de vivendas de uso turístico localízanas por Internet
Por Redacción
A Asociación de vivendas Turísticas de Galicia 'Aviturga', que preside a sanxenxina Dulcinea Aguín, fixo público o resuttado dunha enquisa realizada entre 5.000 hóspedes de socios da entidade e, como conclusión, sinalan que o 84% da clientela localízaos a través de Internet e só un 14% a través de amigos.
A enquisa realizou co obxectivo de dispoñer de datos que permitan a este colectivo mellorar a atención aos seus clientes e coñecer en profundidade o perfil do turista que elixe unha vivenda particular para aloxarse e a razón pola que o fai.
O prezo e a facilidade para viaxar en familia son as principais razóns esgrimidas polos hóspedes para elixir as vivendas particulares fronte a outro tipo de opcións de aloxamento. Que resulte máis cómodo e a liberdade á hora de realizar tanto viaxes longas como curtos son outras das razóns que inclinan a balanza a favor dos asociados de Aviturga.
O 31,2% dos hóspedes visitaba Galicia por primeira vez e deles máis da metade foron andaluces, seguidos de asturianos e madrileños, aínda que tamén se aprecia un incremento do turista estranxeiro neste tipo de aloxamentos.
Con todo, a porcentaxe de hóspedes que o pasado verán repetiu destino elévase ata o 68% e é entre estes onde os procedentes de Madrid ocupan o primeiro posto cun 39,7%, seguidos de diferentes puntos da xeografía española e de Asturias e detectándose unha importante porcentaxe, o 13%, de galegos que se moven en pequenas escapadas para coñecer sobre todo outras provincias.
Outro dato importante extraído das enquisa é a idade media do hóspede, que rolda os 41 anos. En xeral, son familias novas, de entre 36 e 44 anos de idade, que buscan o seu aloxamento a través de internet e que teñen en conta as comodidades da vivenda e as facilidades que se lles dean para gozar das súas vacacións, segundo Dulcinea Aguín.
Para Dulcinea Aguín a análise das encuestan deixa dúas conclusións claras: Internet e as redes sociais teñen que ser unha ferramenta crave para os propietarios de vivendas vacacionais e as administracións públicas terán que comezar a ter en conta aos propietarios á hora de deseñar a súa política turística, porque estamos xa funcionando como axentes turísticos en cada zona.