10 estudantes norteamericanos e australianos fan prácticas este Nadal en Montecelo e no Provincial
Por Redacción
O Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra acolle desde este xoves un grupo de dez estudantes estranxeiros que ata mediados de xaneiro realizarán prácticas pre-universitarias nos centros hospitalarios da área sanitaria.
No seu primeiro día foron recibidos no Hospital Montecelo e durante dúas semanas, estes estudantes rotarán por diferentes unidades percorrendo os servizos de Traumatoloxías, Anestesioloxía, Pneumoloxía, Pediatría, Cirurxía xeral, Dixestivo e Medicina Interna.
Este alumnaco procede de Norteamérica e de Australia e visitarán un par de días cada servizo, xa que o obxectivo do programa de inverno do Proxecto Altantis no que se atopan é aproveitar a súa estancia en Pontevedra para que obteñan unha idea xeral de como funcionan as especialidades.
Deste xeito, os futuros médicos coñecerán de primeira man o día a día dos profesionais para que escollan con máis facilidade a especialidade que máis lles guste no seu país de procedencia cando rematen os seus estudos de Medicina.