Os bombeiros liberan a unha persoa atrapada nun turismo tras un choque na ponte das Correntes
Por Oskar Viéitez
Unha persoa quedou atrapada este sábado no interior do coche que conducía tras chocar contra outro na ponte da Correntes, segundo informou o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia.
Estas mesmas fontes oficiais explicaron que foron os axentes da Garda Civil de Tráfico os que avisaron deste accidente cando pasaban das sete da mañá.
Indicaron que había unha persoa que necesitaba ser rescatada do interior do vehículo no que quedou atrapada despois de chocar con outro. Por iso, desde o 112 Galicia, informouse os bombeiros da cidade que liberaron ao condutor para ser atendido polos profesionais sanitarios.
Posteriormente, foi evacuado nunha ambulancia de Urxencias Sanitarias ao hospital de referencia.