Defensa recruta a 55 pontevedreses para Tropa e Mariñeiría Profesional
Por Redacción
O Ministerio de Defensa pechou o segundo ciclo anual do proceso selectivo para o ingreso como Militar Profesional da Escala de Tropa e Mariñeiría das Forzas Armadas, con gran afluencia de peticións na provincia de Pontevedra.
Recibíronse no Centro de Selección da Subdelegación de Defensa en Pontevedra máis de 400 solicitudes (367 homes e 58 mulleres) para tomar parte no proceso. Finalizado o mesmo, 55 pontevedreses (49 homes e 6 mulleres) obtiveron praza. Deles, 43 irán a unidades do Exército de Terra, 10 á Armada e 2 ao Exército do Aire. Obtiveron praza igualmente no Centro de Selección de Pontevedra un total de 14 solicitantes procedentes da provincia de Ourense.
O volume de solicitudes na provincia de Pontevedra neste ano 2017, do mesmo xeito que no resto do territorio nacional, practicamente mantívose en relación aos últimos anos, aínda que cunha leve diminución. Iso debido, fundamentalmente a que este ano se levaron a cabo tres ciclos en lugar de dous como viña sendo habitual. Concretamente o terceiro, que xa se iniciou, finalizará no primeiro semestre de 2018.
Todos eles poden continuar os estudos nas Forzas Armadas, xa que se poden obter Títulos do Sistema Educativo Xeral (De Grao e de Técnico Superior), e tense a posibilidade de proxección tendo en conta que se reservan moitas prazas de promoción interna.
Nos últimos días, persoal da área de Recrutamento da Subdelegación de Defensa impartiron unha charla informativa sobre diversos ámbitos a un centenar de alumnos do IES A Xunqueira II, así como a uns sesenta alumnos de cuarto da ESO das Doroteas.