Nova reestruturación nas áreas de goberno do Concello de Bueu
Por Redacción
Tras a reunión do grupo de goberno celebrada este mércores, Félix Juncal, alcalde de Bueu, anunciou unha nova reestruturación das concellarías.
Así, Xosé Leal Fariña (tamén deputado de cultura e lingua) pasará a levar a área de cultura, ademais de ser o presidente da comisión informativa da correspondente macroárea.
Pola súa banda, Adrián Ferrer Reboirás, recentemente nomeado edil da corporación, asumirá a concellería de medio ambiente e Martín Villanueva será o novo voceiro do grupo nacionalista.
Esta reestruturación lévase a cabo debido á renuncia ao cargo por motivos persoais de Juan Carlos Eirea Eiras, quen levara dende o comezo da lexislatura ata este verán a carteira de cultura.