Colectivos animalistas piden a Lores prohibir o uso de dromedarios e cabalos na cabalgata de Reis
Por Redacción
A Asociación Animalista Libera e a Fundación Franz Weber pediron ao alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, que se evite o uso de animais na cabalgata de Reis do próximo 5 de xaneiro e substitúanse por máis figurantes e artistas.
Os defensores desta medida indican que os cabalos, dromedarios e camelos habitualmente empregados neste percorrido son sometidos a condicións de tensións e comportamentos alleos a súa etoloxía natural.
Piden que o Concello de Pontevedra leve a cabo a mesma política que o goberno local da Coruña que aumentou no desfile a presenza de carrozas, artistas e compañías de teatro eliminando a presenza de animais. Cualifican a utilización destas especies como un reclamo "caduco".
Os colectivos animalistas sinalan que tamén na Feira Franca utilízase este formato con recreacións "pseudohistóricas" na praza de touros e reclaman que se estenda a estes actos a declaración de Pontevedra como lugar libre de circos con animais, aprobada en 2015. Indican que a supresión na cabalgata tamén evitaría empregar a praza de touros como cortello durante ese evento.