Xardíns tallará oito árbores en mal estado e con risco de caída en Campolongo
Por Redacción
O Concello de Pontevedra detectou que no barrio de Campolongo hai oito árbores en moi mal estado que, durante o inverno, corren perigo de acabar derrubados polo vento. Ante esta situación de perigo, decidiron tallalos e as tarefas realizaranse este xoves 14 de decembro.
Segundo informou o Concello, a concellería de Parques e Xardíns realizará este xoves as tarefas de talla. En concreto, actuarán en oito exemplares, dos que a metade son chopos, que están plantados na rúa Iglesias Vilarelle.
As árbores está, segundo o Concello, descalzos e a posibilidade de caída á calzada é alta en canto cheguen ventos fortes.
Os traballos de talla realizaranse ao longo da xornada deste xoves, pero ata o mes de febreiro non poderán repoñerse os exemplares tallados. Nese momento haberá que replantar outras especies máis adecuadas para as zonas urbanas.