![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/516a9cfd008cc-img-20130414-wa0001.jpg)
CC BY-NC-SA PontevedraViva
A praga de medusas esténdese e obriga a pechar ao baño as praias de Sanxenxo e O Grove
![Diego](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/5df/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/570532d2ea-20160329-patxot-diego-espino-1009.jpg)
Por Diego Espiño
A presenza de carabelas portuguesas nas augas da Ría de Pontevedra estendeuse rapidamente nas últimas horas, obrigando os concellos de Sanxenxo e O Grove a prohibir o baño nos seus areais ata novo aviso.
A picadura desta medusa, que ten activo o seu veleno ata 24 horas despois de morta, é especialmente agresiva, producindo un forte dor e podendo desencadear nunha reacción alérxica. Por ese motivo, e ante a alta asistencia persoas aos areais debido ao bo tempo, dende Protección Civil do Grove piden precaución aos que se acheguen ás praias, "hemos puesto carteles en todos los accesos a los arenales para que no pasen desapercibidos. Se han avistado bastantes medusas en el agua, por eso se va a limitar el baño en los próximos días".
No Grove pecháronse ao baño as praias dende o Con Negro ata A Lanzada, esta última incluída, ademais de areais moi concorridos como Os Raeiros ou Area da Cruz, unha prohibición que en Sanxenxo é total despois de confirmarse a presenza das carabelas portuguesas mesmo en Silgar.