Aluga un piso na praza da Verdura e dedícao a almacenar e trapichear con haxíx e marihuana
Por Natalia Puga
As policías Local e Nacional de Pontevedra desmantelaron nos últimos días un piso ubicado na praza da Verdura no que un mozo de 19 años se adicaba a vender drogas, principalmente haxíx e marihuana.
Segundo informou a Policía Local, o mozo foi detido por un delito contra a saúdo pública e interviuse todo o material atopado no rexistro efectuado no inmoble, preto dun quilo de sustancia estupefaciente que tería acadado un valor no mercado ilícito de 4.800 euros.
Os feitos desencadeáronse o 8 de abril, cando axentes da Policía Local realizaban labores de vixilancia de espazos públicos e observaron un mozo en actitude de espera no exterior dun domicilio na praza da Verdura. Chamou a atención dos axentes polo seu comportamento e sometérono a vixilancia.
Pouco mais tarde, chegou ao lugar un mozo coñecido polos policías pola súa participación en intervencións relacionadas coa venta e consumo de estupefacientes, de maneira que os axentes se puxeron en alerta. Puideron presenciar a venda de tres landaras de haxíx que posteriormente se puido comprobar que pesaban 32 gramos.
Os axentes comezaron as súas pesquisas e comprobaron que este mozo se dedicaba á venda de pequenas cantidades de droga e que utilizaba como punto de almacén e distribución unha vivenda da Verdura que tiña alugada, pero que non era o seu domicilio.
Comprobados estes extremos, os axentes procederon a detención deste mozo de 19 anos e intervironlle 60 landras de haxíx que pesaban 643 gramos e uns botes de cristal con 206 gramos de marihuana.
A Policía Local trasladou o detido e a mercadoría á Policía Nacional e agora será o Grupo de Tráfico Medio de Estupefacientes da Comisaría de Pontevedra o que continúe coa investigación.