Sen rastro de choiva durante toda a semana
Por Redacción
A choiva segue resistíndose a aparecer de maneira constante nas previsións meteorolóxicas para conseguir terminar coa alerta de seca.
As tres xornadas con precipitacións vividas nos últimos días non terán continuidade durante, polo menos, a próxima semana, no final do mes de novembro e o inicio de decembro.
Segundo o prognóstico de Meteogalicia, a probabilidade de que se rexistren choivas será moi baixa nas Rías Baixas, onde a tendencia ata o xoves será de tempo seco e asollado, con alternancia de nubes nalgunhas das xornadas.
As temperaturas para os próximos días serán normais para a época do ano, con mínimas en moderado ascenso e máximas en descenso tamén moderado.
A posibilidade de que se produzan precipitacións ascenderá lixeiramente para os primeiros días de decembro, pero situándose polo momento entre o 20 e 30% no que respecta á primeira fin de semana do mes.