Accidente laboral no polígono do Campiño ao caer unha máquina elevadora sobre un traballador
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Un operario que estaba a realizar traballos na nave de Química de aquí no polígono do Campiño sufriu un accidente laboral sobre as 12:30 desta mañá cando unha máquina elevadora lle caeu enriba. O traballador non quedou atrapado polo vehículo pero sufriu danos de diferente consideración e foi trasladado ao Hospital Domínguez de Pontevedra para realizarlle unha ampla exploración médica. Tras o golpe, o home conseguiu reincorporarse e estaba consciente.
Polo momento, non transcenderon os datos de como se produciu o accidente. Ata o lugar achegáronse dotacións da Policía Nacional e da Local.