Conclúe sen éxito a batida para atopar a Francisco Rodiño, desaparecido hai sete días
Por Oskar Viéitez & Diego Torrado
A batida organizada para localizar a Francisco Budiño concluíu sen éxito.
Segundo informaron desde a Garda Civil, o dispositivo de procura do ancián desaparecido hai sete días distribuíuse en varios equipos a pé, a cabalo e en bicicleta.
Os primeiros repartíronse en 20 grupos de dez persoas cada un que partiron ás dez da mañá desde o cruzamento de Fragamoreira, en Poio e percorreron a zona ata Curro. Mentres, os xinetes saíron desde o hipódromo de Campañó. Pola súa banda, os ciclistas percorreron a zona da Caeira e o Vao.
A Policía Local de Poio sinalou que participaron 200 persoas a pé, 60 a cabalo e 30 en bicileta. Ademáis de membros das agrupacións de protección civil de Poio, Caldas, Marín e Pontevedra. Axentes da Garda Civl, do Seprona e Policía Local.
A agrupación de voluntarios de Protección Civil forneceu bolsas con auga e froita aos participantes.
A acción estivo coordinada pola Policía Local de Poio e a Garda Civil, xunto cos efectivos de Protección Civil. Entre os voluntarios había veciños da zona e todo tipo de colectivos da comarca.
Francisco Rodiño ten 82 anos de idade, é diabético e está baixo tratamento psiquiátrico. Perdéuselle a pista o pasado domingo 12 de novembro cando saía a pasear polas inmediacións da súa casa.
A Garda Civil lembra que calquera información sobre a súa desaparición pode ser importante e debe ser trasladada ao teléfono 062.
Relacionadas:
-
Colectivos de Poio fórmanse coa Policía Local para saber como actuar ante persoas desaparecidas
Por |
-
O domingo haberá unha gran batida de procura para dar co ancián desaparecido en Poio
Por Natalia Puga |
-
Dous drons súmanse ao dispositivo de procura do ancián desaparecido en Poio
Por Natalia Puga | Creada e actualizada
-
Buscan un veciño de Poio de 82 anos desaparecido desde o domingo
Por Natalia Puga |