Xulgan un vilagarcián na Audiencia Provincial por presunto tráfico de drogas
Por Oskar Viéitez
No banco da Sección Segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra sentará este martes F.M.J.J., un veciño de Vilagarcía que conta con antecedentes penais, acusado dun delito contra a saúde pública, na súa modalidade de substancias que causan grave dano á saúde.
A Fiscalía solicita para o procesado unha pena de catro anos e tres meses de prisión e mil euros de multa, coa responsabilidade persoal subsidiaria dun mes en caso de falta de pagamento.
Segundo o escrito de acusación da Fiscalía, o 16 de setembro de 2015, sobre as 12 horas, o acusado acudiu ao piñeiral da praia da Concha, en Vilagarcía de Arousa, ao obxecto de realizar o intercambio de substancias estupefacientes.
Ao ser sorprendido pola Policía arroxou ao chan unha bolsa na que gardaba 7 bolsas de heroína (1,062 gramos) e 12 de cocaína (1,283 gramos). Estas substancias alcanzarían un valor no mercado ilícito de 415,54 euros.