As traballadoras de Kiddy's Class concéntranse ante a sede do Grupo Inditex
Por Redacción
As traballadoras da tenda de Kiddy's Class en Pontevedra protagonizaron unha concentración de protesta ante a sede do Grupo Inditex no Polígono de Sabón.
Tras resolverse o conflito en Bershka agora son as empregadas do Kiddy's Class as que denuncian "discriminación" ao manter unhas condicións laborais diferentes ao do resto de cadeas, pero tamén ás que as empregadas da mesma marca teñen noutras provincias como a coruñesa.
Por iso reclamaron ante a sede da multinacional que se lles equipare laboralmente ademais doutras melloras no convenio.
A delegada sindical de Kiddy's Class en Pontevedra, Leticia Recamán, explicou que tamén reclaman un plus de asistencia ao traballo que implicará un mínimo de 80 euros no salario ao mes -en función das horas de traballo de cada contrato-, o mesmo pago por cada domingo traballado -na actualidade cobran 80 euros e en Zara, 160- ou que se equiparen os dereitos á hora de favorecer a lactación materna e a conciliación da vida familiar e laboral.
Na tenda de Kiddy's Class en Pontevedra traballan 12 persoas, máis da metade cun contrato de 27 horas.
Relacionadas:
-
As traballadoras de Kiddy's Class convocan folga para o Black Friday
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Desconvocada a folga nas tendas de Bershka en Pontevedra ao chegar a un acordo
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Convocan unha folga nas tendas de Bershka na provincia
Por Redacción |
-
As traballadoras de Kiddy's Class reclaman as mesmas condicións laborais que ten Zara
Por Redacción |