Paloma Castro propón a recolocación do Punto de Encontro Xudicial no edificio de Benito Corbal
Por Oskar Viéitez
O grupo municipal do Partido Socialista propón a recolocación do Punto de Encontro Xudicial no edificio de Benito Corbal unha vez que a Xunta remodele a que fora a súa antiga sede. Este punto de encontro é un servizo destinado a favorecer o dereito dos menores para relacionarse cos seus proxenitores.
A concelleira Paloma Castro insiste en denunciar a "precaria situación" do local actual situado na avenida de Vigo, que ten unhas dimensións "escasas para o volume de atención que ten que prestar" pois só permite atender a 2 ou 3 familias ao mesmo tempo co que as fins de semana está "absolutamente saturado".
"Calquera fin de semana pasan por ese punto máis de 200 persoas. As súas dimensións tan escasas fan que non dea abasto e haxa ata lista de espera. Esta situación non pode continuar. Hai que dignificar as visitas", sinalou Paloma Castro.
Neste local dáse asistencia a todos aqueles supostos que se establezan xudicialmente, sempre que sexa ou punto máis próximo ao domicilio do menor polo que, os seus usuarios poden residir en toda a provincia.
O PSdeG-PSOE volverá insistir no tema no pleno do mes de novembro.