Os representantes sindicais ameazan con protestas nas panaderías tras romperse a negociación do convenio
Por Anxo Lourido
Nas últimas horas rompía a negociación entre os representantes sindicais e a patronal do sector das panadarías.
Segundo comentaba o secretario comarcal de Comisións Obreiras, José Luis García Pedrosa, dende a patronal "non hai interese en negociar e mesmo queren eliminar moitos dous dereitos establecidos". Segundo apuntan fontes sindicais, dende a patronal ameázase coa solución de que a partir do 7 de xullo se non se alcanza un acordo terán que negociarse convenios con cada unha das máis de 100 empresas provinciais.
O principal punto de diferenza entre as dúas partes encóntrase no incremento salarial nun sector que, segundo García Pedrosa, "non se está vendo gravemente afectado pola crise económica".
Ante esta situación, os tres sindicatos Comisións Obreiras, UGT e CIG teñen previsto alcanzar un acordo entre eles e solicitar a mediación do Consello galego de Relacións Laborais para que medie e lle dea un pulo á negociación e van distribuír follas informativos de que se non se alcanza un acordo haberá que adoptar medidas de protesta sen descartar a posibilidade dunha folga no sector.