Comeza a instalación do pavimento deportivo sintético no Pavillón dos Deportes
Por Redacción
Esta próxima semana, o Pavillón Municipal dos Deportes contará cun novo pavimento deportivo sintético. Durante as últimas horas deste venres iniciouse a instalación deste material e os traballos finalizarán durante a xornada do luns.
Este novo pavimento permite a homologación da superficie de xogo ás esixencias das competicións de máis alto nivel. A obra ten un orzamento de 36.542 e foi adxudicada á empresa Galitec.
Desde o goberno local indícase que este pavimento portable vinílico cumpre coas características oficiais da norma UNE EN 14904 e da normativa federativa. Este traballo entra no proxecto de rehabilitación integral do histórico pavillón, obra do arquitecto Alejandro da Sota. Con esta incorporación xa se poderán desenvolver competicións de carácter internacional e axústase ás peticións da liga Asobal para transmitir partidos televisados.
Ademais, sobre esta pista disputaranse dous grandes eventos de balonmán: o Torneo Internacional Domingo Bárcenas de seleccións nacionais absolutas e o campionato de seleccións autonómicas previstos no inicio do ano 2018.
A anterior pista deportiva instalouse en 1996 e o seu uso intensivo e as filtracións de auga derivadas do mal estado da cuberta antes da reparación obrigaron a este cambio.
Relacionadas:
-
A humidade dana as capas máis profundas da cancha do Municipal e motiva a súa rehabilitación
Por Redacción |
-
O Pavillón Municipal dos Deportes loce a súa nova pista
Por Redacción |
-
O Teucro regresa ante o Nava a un Pavillón Municipal que "ha quedado precioso"
Por Diego Espiño |
-
As obras no Pavillón Municipal entran na súa recta final
Por Alejandro Espiño |