Un incendio queima dúas estancias dunha nave en Pardavila
Por Redacción
Un incendio calcinou na madrugada deste venres dúas estancias nunha nave industrial da zona de Pardavila, en Marín.
Segundo informou o Centro de Atención de Emerxencias de Galicia 112, o incendio produciuse sobre as 1.00 horas da madrugada e saldouse con danos materiais en dúas estancias, entre eles, unha oficina.
A nave afectada, dedicada ao sector do saneamento na estrada PO-313, a estrada que une Marín con Moaña, no lugar de Pardavila.
O 112 Galicia tivo coñecemento da situación a través dun aviso da Policía Nacional e mobilizou aos Bombeiros do Morrazo e Pontevedra, a Protección Civil e á Policía Local. Finalmente, os pontevedreses non tiveron que intervir.