A Policía Local porá en marcha un plan de tráfico polo tríatlon do domingo
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/507/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/59f20cbb95-mobilidade.jpg)
© Policía Local de Pontevedra
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/588/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/59f20cd28a-cruz-vermella.jpg)
© Policía Local de Pontevedra
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/bee/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/59f20ce9c5-retirada-de-estacionamento.jpg)
© Policía Local de Pontevedra
Este domingo 29 de outubro celébrase na cidade de Pontevedra un tríatlon homenaxe a Javier Gómez Noya. Con este motivo a Policía Local aplicará unha serie de restricións circulatorias.
Sábado 28 de outubro
- Queda pechada a rúa Enxeñeiro Rafael Areses unha vez rematada o mercado ambulante.
Domingo 29 de outubro
- Ás 11 horas pechase a Ponte dos Tirantes, a rúa Alexandre Bóveda e a Avenida de Bos Aires, dende Monteporreiro (Ponte das Palabras) ata a Ponte dos Tirantes.
- Ás 12 horas e ata as 14:30 horas se pecha o resto do circuíto ( Avenida de Bos Aires dende a ponte dos Tirantes ata a Ponte de Santiago).
- Aproximadamente ás 14:30 horas se procederá a normalizar a circulación nas zonas afectadas.
PROHIBICIÓN DE ESTACIONAMENTO
- A explanada do Recinto Feiral e un tramo da Avenida de Compostela a partir das 22 horas do sábado 28 de outubro.
- A Avenida de Bos Aires (tramo entre a Ponte dos Tirantes e a Ponte de Santiago) e o primeiro tramo da Avenida de Compostela, a partir das 8 horas do domingo 29 de outubro.