Búscase comprador para o antigo edificio da delegación de Hacienda
Por Redacción
Tal e como publican Faro de Vigo e La Voz de Galicia, Hacienda incluíu a súa antiga delegación do edificio de San Francisco nunha lista de 65 inmobles que serán destinados á venda.
Este inmoble foi pechado ao público cando se construíu a nova sede en Campolongo e, con esta operación, o Ministerio de Cristóbal Montoro quere facer caixa "para incrementar os ingresos públicos e optimizar a ocupación de espazos".
A futura venda estaría contemplada dentro dun Plan Integral de Enajenaciones para el Sector Público Estatal que vai elaborar o Ministerio coa intención de incluír 423 inmobles urbanos que na actualidade pertencen á Dirección Xeral de Patrimonio do Estado. O da Praza de Ourense xa se integrou dentro dunha lista de 65 edificios cos que se comezaría a promover unha operación de venda dun inmoble que pasou da comunidade franciscana a mans do Estado no século XIX.
Nesta lista aparecen outros edificios emblemáticos como, entre outros, a anterior sede de Radio televisión Española ou o antigo centro da Comisión Nacional do Mercado de Valores, ámbolos situados en Madrid.
Relacionadas:
-
A antiga sede de Facenda queda totalmente baleira
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Lores viaxa a Madrid para tentar que o edificio de Hacienda en San Francisco siga a ser público
Por Redacción |
-
O Concello quere negociar con Patrimonio o futuro uso e destino do edificio de Facenda
Por Oskar Viéitez |
-
O Concello vería "con bos ollos" que o edificio de Hacienda acollese un hotel de cinco estrelas
Por Alejandro Espiño |
-
Os últimos de Filipinas, "atrincheirados" no edificio de Hacienda
Por Oskar Viéitez |