A brigada de xardíns de Sanxenxo estrea maquinaria
Por Redacción
A concellería de medioambiente e a concellería de servizos do Concello de Sanxenxo están a renovar e mellorando a maquinaria para a realización de tarefas propias de mantemento de parques, xardíns e praias.
Así, en 2017 destináronse 122.000 euros para a adquisición de nova maquinaria.
13.300 euros do Plan de Concellos 2017 foron para adquirir:
- Un mini tractor, que facilita o mantemento de céspede en xardíns de gran superficie ou en campos de fútbol por un valor de 5.400 euros.
- Unha trituradora, cun orzamento de 5.200 euros, para enganchar nun tractor e realizar tarefas de sega en zonas máis abruptas tipo parques forestais.
- 2 rozadoras, de 950 euros e 1.200 euros respectivamente, para realizar sega de herba manual, eliminar malezas, limpar zonas con arbustos, etc.
- Uns curta setos, de 600 euros, para tarefas de poda.
Agora a concellería enviou, para a súa publicación no BOP, no DOGA e no perfil do contratante, a licitación para a compra dun tractor, provisto de rozadora de brazo lateral e cabina forestal homologada. A primeira das publicacións, a do boletín, xa se realizou o pasado venres, pero ata que se publique no DOGA e no perfil non se abrirá o prazo de 15 días naturais para a presentación de ofertas por parte de empresas subministradoras.
Unha vez terminado o prazo, a mesa de contratación valorará as ofertas presentadas, en base aos criterios de adxudicación que son o incremento na calidade das características mínimas esixidas do tractor, presentando unha memoria que valore eses incrementos nas especificacións da maquinaria.
E, doutra banda, valorarase a oferta económica cunha puntuación de ata un máximo de 60 puntos, non podendo superar o prezo publicado que ascende a 108.900 euros, e que tamén están financiados a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.