A rede Passeport Escales xerou 149 pernoitas gratuítas nos portos deportivos da comarca
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A rede náutica internacional Passeport Escales, da que forman parte os portos deportivos de Combarro, Sanxenxo e Portonovo, xerou un importante volume de negocio coas 149 pernoitas rexistradas, segundo o informe presentado este venres pola conselleira de Mar, Rosa Quintana, ao Consello da Xunta.
Concretamente no porto deportivo de Sanxenxo foron 29 as estadías vinculadas a Passeport Escales, 35 no caso de Portonovo e 85 no de Combarro.
A rede fomenta itinerarios entre Gran Bretaña, Francia e o norte peninsular, dando facilidades e incentivos económicos aos navegantes que recalan nos portos que forman parte ela.
O principal reclamo para captar novos socios radica na gratuidade de parte de pernóitas en mariñas adheridas, cun máximo de dúas noites gratis por escala.