A Deputación asina un convenio co colexio de veterinarios destinado ao benestar animal
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra vén de asinar co Colexio Oficial Veterinario de Pontevedra un convenio valorado en 9.000 euros e que ten por obxectivo a colaboración entre ambas as dúas institucións no eido da saúde pública, o benestar animal e o medio ambiente.
Con este convenio preténdese axudar a incrementar a cultura sanitaria da cidadanía da provincia a través da celebración de xuntanzas profesionais, cursos de formación e xornadas técnicas.
Os beneficiarios de estas actividades serán veterinarios, transportistas, gandeiros e tódolos concellos da provincia, especialmente os de menor poboación que carecen de recursos para o censado e rexistro de mascotas.
Con este convenio organizouse en xuño o Congreso Veterinario Vetnoroeste que versou sobre os animais de compañía, contou con relatores de primeira fila e asistiron máis de 300 profesionais de España e Portugal.
Ademais, nos próximos meses haberá tres cursos en materia de benestar animal para transportistas de animais vivos destinados a obter o certificado de competencia esixido pola lexislación e dúas xornadas técnicas de asesoramento ós concellos sobre o censado e rexistro de mascotas.
Estes cursos, que teñen unha limitación de 32 prazas, teñen por obxectivo preparar aos asistentes e darlles os coñecementos suficientes para poder superar unha proba de certificación de competencia no transporte de gando pola estrada.
Amais, este convenio servirá para organizar dúas xornadas técnicas de asesoramento e dúbidas sobre os censados ou rexistros de mascotas destinado a representantes de concellos da provincia. Posteriormente porase a disposición dos concellos un sistema de respostas a consultas sobre como levar correctamente o rexistro e identificación das mascotas.
Relacionadas:
-
A canceira provincial atende unha media anual de 50 animais maltratados
Por Oskar Viéitez |
-
O Seprona e Sanidade precintan case 400 quilos de carne que se ía servir na Festa do Potro de Meis
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Difusión Felina, obrigada a frear a recollida de gatos abandonados en Pontevedra ante a falta de casas de acollida
Por Redacción |
-
Preto de 400 veterinarios de España e Portugal abordarán en Pontevedra os temas emerxentes da profesión
Por Redacción |