![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/12c/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/59c7760c25-img_4508.jpg)
© Concello de Ponte Caldelas
A procesión de San Roque enxalza a convivencia dos catro barrios de Xustáns
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/2cb/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/59c775e9d4-img_4503.jpg)
© Concello de Ponte Caldelas
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/528/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/59c77636c1-img_4540.jpg)
© Concello de Ponte Caldelas
A tradicional procesión de San Roque converteuse de novo este sábado nunha homenaxe á convivencia entre os catro barrios da parroquia de Xunstáns, en Ponte Caldelas. Veciños de todos eles acudieron á cita e a imaxe do santo percorreu máis de cinco quilómetros durante tres horas para chegar a os catro lugares, Sobreiro, Baltar, Aluncía e Chan do Casal.
No seu percorrido, a procesión pasou por camiños municipais, un treito da estrada provincial e corredoiras empedradas. Subindo e baixando costas e afrontando un esforzo físico notable, persoas de todas as idades empregaron a tarde -de 16.00 a 19.00 horas- en percorrer a parroquia.
O Concello de Ponte Caldelas indica que a procesión foi a máis concorrida dos últimos anos e contou coa presencia do alcalde, Andrés Díaz, en representación do goberno local. Destaca tamén que, como cada ano, foi notable a asistencia dos máis pequenos de Xustáns, que se sumaron ao percorrido tanto a pé como en bicicleta.
A nota musical púxoa o grupo de gaitas Os Coribantes e os veciños adornaron os cruceiros e os fitos relixiosos do camiño con alfombras florais e guirnaldas. Ao remate, a comisión organizadora reuniuse para determinar o pobo gañador, en recoñecemento ao cruceiro máis fermoso.