Curso de escaneado 3D da Mancomunidade do Salnés
Por Oskar Viéitez
A Consellería de Política Social subvenciona un proxecto denominado Salnés 3D: Posta en valor do patrimonio utilizando tecnoloxía de escaneado 3D.
Con este proxecto, a mancomunidade pretende crear un espazo no Salnés para realizar actividades formativas e educativas nun campo innovador e punteiro como é a dixitalización en 3D, dirixida a mozos dos 9 concellos da Comarca do Salnés.
Utilizando técnicas fotométricas e escáneres de luz estruturada, este curso desprazarase polos 9 concellos dixitalizando en 3D obxectos arqueolóxicos, esculturales e pequenas construcións.
A finalidade é a posta en valor e a divulgación do patrimonio da comarca utilizando tecnoloxías emerxentes, innovadoras, punteiras e contrastadas como é o escaneado 3D.
O prazo para inscribirse no curso, que será gratuíto, termina o próximo día 15. As prazas son limitadas e as inscricións realízanse no Rexistro do Concello.