Podemos Sanxenxo pide a Telmo Martín un control da seguridade nos accesos aos colexios
Por Redacción
Podemos Sanxenxo reclama ao alcalde Telmo Martín unha mellora nos accesos aos centros educativos que garanta a seguridade viaria nas proximidades aos colexios do municipio.
Denuncian que o acceso ao CEIP A Florida carece de beirarrúas e sinalan que esta situación se produce na maioría das contornas dos centros educativos. Tamén destacan que no Cruceiro (Vilalonga), os autobuses non poden acceder ata o colexio.
Desde a agrupación política piden ao goberno local que actúe de maneira urxente ante o inicio das clases. Animan tamén ás Asociacións de Nais e Pais a solicitar plans de seguridade nos distintos centros educativos para comprobar o grao de cumprimento. Ademais, sinalan a necesidade de verificar as medidas de evacuación dos colexios para saber como intervir en caso de emerxencia.