Os paraísos naturais de Ponte Caldelas, a golpe de blogue
Por Redacción
Un grupo de blogueiros especializados en Turismo, chegados da man de Terras de Pontevedra, coñeceron este xoves os tesouros naturais de Ponte Caldelas nunha visita organizada polo Concello.
A iniciativa encaixa cos plans do goberno local de poñer en valor os recursos etnográficos e paisaxísticos do municipio.
A visita comezou na praia fluvial da Calzada para continuar polo sendeiro azul que transcorre pola beira do río Verdugo coñecendo os tradicionais pasos de Portasouto, restaurados hai poucos meses.
A expedición continuou a ruta visitando o Foxo do Lobo en Laxoso e finalizou o seu paseo no bosque de sequoias situado nos montes comunais de Buchabade, onde contemplaron os grandes exemplares plantados na zona para mediados do século pasado.
O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, exerceu de anfitrión na visita ante os oito blogueiros invitados: Alicia Bea, www.objetivoviajar.com; Ignacio Izquierdo, www.ignacioizquierdo.com; Javier Mazorra, www.javier-mazorra.com; Alberto Ribas, www.maisgrelos.blogspot.com; Imma Gregorio, www.aworldtravel.com; Gemma Santiago, www.divinossabores.com; Víctor Gómez, www.machbel.com e Graciela Castro, www.helloonyva.es.