Blogueiros turísticos e urbanistas franceses visitan Pontevedra este mércores
Por Oskar Viéitez
O Concello de Pontevedra recibe este mércores unha delegación da área metropolitana de Thau, situada no departamento francés de Hérault, rexión de Occitania, que está integrada por 14 concellos, con máis de 90.000 habitantes en total.
Na súa visita, os participantes queren coñecer o modelo de Pontevedra para tratar de trasladalo a esta área con igual éxito.
Además Terras de Pontevedra tamén recibirá a oito xornalistas especializados e bloggers de viaxe que coñerán in situ as Terras de Pontevedra.
Este blog trip pretende dar a coñecer os productos turísticos no destino visitando adegas, recursos naturais, patrimoniais... co fin de transmitir un destino de unha forma máis cercana e persoal, xa que actualmente no sector turístico Internet cambiou radicalmente todo o proceso, dende a toma de decisións de visitar un destino até a forma de compartilo cos demais.