Requisan a un cocedeiro de Cambados máis de dúas toneladas de berberecho portugués
Por Redacción
O servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, comisou este martes 2.173 quilos de berberecho procedente de Portugal nun control contra o furtivismo realizado nun cocedoiro de Cambados.
Os axentes inspeccionaron toda a mercadoría existente nas instalacións e comprobaron que case dúas toneladas deste molusco carecían de documentación que amparase a súa procedencia.
Os axentes cren que a mercadoría estaba destinada a unha terceira empresa.