A Policía Local de Poio intensificará o control de mascotas para evitar comportamentos incívicos
Por Redacción
A Policía Local de Poio inicia unha campaña de control de tenencia responsable de mascotas domésticas. Esta iniciativa busca frear os comportamentos incívicos daquelas persoas que non utilizan as correas precisas para os seus animais de compañía ou deixan os excrementos na vía pública.
Os axentes prestarán especial atención ás infraccións máis comúns como a de non levar ao animal con correa e boceira ou non recoller os excrementos. As infraccións da ordenanza municipal van desde os 30 ata os 300 euros.
Ademais, tamén controlarán os cans de razas potencialmente perigosas para que se cumpra a obrigatoriedade de levar posto a boceira na vía pública. Tamén se comprobará que os propietarios teñan o seguro de responsabilidade civil e estean incluídos no rexistro de animais potencialmente perigosos, ademais de que os propietarios conten con licenza, pola contra será considerada unha falta moi grave.
Nestes casos as sancións poden ir desde os 150 aos 12.500 euros de multa por incumprir algún dos requisitos de control dos animais potencialmente perigosos.