Parranda&Trucks, novo evento gastronómico en Portonovo
Por Oskar Viéitez
Portonovo súmase á moda dos festivais de "foodtrucks" e "streetfood", co evento Parranda&Trucks, durante os días 1, 2 e 3 de setembro na rúa Rial, a explanada na que se instala o mercadiño.
Este foodtruck será de comida de autor, comida caribeña, italiana, arxentina, arepas, crepes, hamburguesas de boi, papas arrugás, cupcakes e mil e unha delicatessen doces e salgadas. Todo amenizado cunha proposta cultural e de lecer de primeira calidade, que aposta por artistas locais e da zona, que aínda non foi desvelada.
Unha festa gastronómica con propostas sas, saudables, de todas as latitudes, para todos os gustos e todas as opcións. Carne asada a lume lento de man da foodtruck Kilómetro Fuego ou dunhas arepas de carne e vegetarianas de Arepa e Olé. Para os que se decanten pola pizza estará o camión De la Piccola e se a opción preferida é unha hamburguesa a referencia é Lucus Food Bus.
Os bocadillos máis suculentos poderanse gozar en Herme´s Journey, e a comida mexicana na foodtruck Toloache. Cociña galega da man de Lacón e as sobremesas de Bico de Xeado, con xeados artesáns, Madalenas de Colores, con cupcakes e a Pirulina, con crepes.