Tomeza escorrenta ás meigas na tradicional romaría de San Cibrán
![Diego](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/5df/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/570532d2ea-20160329-patxot-diego-espino-1009.jpg)
Por Diego Espiño
Este ano o luns de Pascua non é un día festivo en Pontevedra pero a romaría de San Cibrán, en Tomeza, segue sendo unha parada habitual para centos de devotos en busca de espantar o mal de ollo.
Cumprindo a tradición os romeiros acudiron á ermida para espantar ás meigas dando nove voltas ao templo mentres botaban pequenas pedras sobre o tellado, unha cada volta.
Moitos dos asistentes aproveitaron tamén para levarse á casa herbas milagrosas compostas por romeiro, loureiro ou ruda, ramos que segundo os devotos axudan tamén a curar o 'meigallo' se previamente se pasa varias veces pola imaxe do santo.
Tomeza celebra a tradicional romaría de San Cibrán
Tomeza recibe como cada luns de Pascua centos de devotos na tradicional romaxe de San Cibrán