Un repartidor sofre feridas graves ao caer da moto en Poio
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Un repartidor resultaba ferido tras caer da súa moto en Poio ao redor das 12.50 horas deste xoves.
Segundo a información que facilita o servizo de Emerxencias do 112, o seu estado é grave.
O sinistro rexistrábase no quilómetro 3 da VG-4.8, nunha rotonda situada á altura do cemiterio de San Xoán, próximo ao edificio do Concello de Poio.
Unha persoa articular alertaba ao 112 Galicia e desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias comunicábase este accidente ao 061-Urxencias Sanitarias, a Protección Civil, á Policía Local e á Garda Civil de Tráfico.