O Colexio Oficial de Médicos de Pontevedra sopesa presentar unha reclamación colectiva ante Europa
Por Redacción
O Colexio de Médicos de Pontevedra reclama á Consellería de Sanidade a reactivación da carreira profesional, bloqueada desde o ano 2009 como consecuencia da crise económica e a subseguinte política de recortes aplicada á sanidade pública.
A institución colexial que preside Luís Campos Villarino sinala que en Galicia púxose en marcha o sistema de recoñecemento profesional no ano 2005 paralizándose con posterioridade no ano 2009.
Desde entón esta organización colexial pontevedresa "veu denunciando o incumprimento" por parte da administración da lexislación que recoñece o dereito dos profesionais que exercen tanto no sistema público como no privado por conta allea a dispoñer dun sistema de recoñecemento profesional.
O Colexio de Médicos de Pontevedra co apoio da Asociación de Facultativos Especialista de área de Galicia e do Consello de Colexios de Médicos de Galicia, estuda acudir á vía xudicial con esta reclamación.