Morre unha muller nun accidente de moto en Marín
Por Oskar Viéitez
Unha muller de 27 anos morreu este sábado nun accidente de motocicleta en Marín.
A falecida, con iniciais A.A.Y., de nacionalidade colombiana e veciña de Seixo, viaxaba como acompañante na motocicleta. O piloto é un home veciño de Moaña que resultou ferido de gravidade.
Segundo informou Urxencias Sanitarias de Galicia-061 o home, de iniciais H.C.M., de 29 anos foi trasladado ao Hospital Montecelo.
O sinistro tivo lugar sobre as 21.45 horas da noite do sábado no quilómetro 5,500 da estrada PO-313, no lugar de Pardavila.
Por causas que se descoñecen a motocicleta, una Yamaha XP 500, saíu da vía impactando contra un poste do tendido telefónico.
Tanto o condutor da moto como a vítima mortal levaban posto o casco.