Un incendio provoca danos materiais nunha adega de Cambados
Por Oskar Viéitez
Os servizos de emerxencias tiveron que acudir este mediodía na parroquia cambadesa de Castrelo para extinguir un incendio na cociña dunha bodega anexa dunha vivenda.
Os feitos tiveron lugar nunha propiedade da Bouza
Unha persoa particular alertaba da explosión ao 112 Galicia ás 15:00 horas desta tarde.
Nun principio falouse de que explotara unha bombona de cámping gas producíndose un pequeno incendio, véndose unicamente afectado polo lume o teito da edificación. Unha vez sufocado o lume os bombeiros sinalaron como causa máis probable do incendio a mala combustión da cociña, na que había unha tartera ao lume. O suceso saldouse con danos materiais.
Interviñeron neste suceso os Bombeiros do Salnés, efectivos de Protección Civil, axentes da Policía Local e da Garda Civil. Tamén se informou ao 061-Urxencias Sanitarias, aínda que non foi necesaria a súa intervención. Ademais, o ocorrido tamén foi notificado á empresa responsable da subministración do gas.