Marín recibe unha achega de máis de cen mil euros por parte da Deputación
Por Redacción
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar a concesión de 114.276,38 euros do Plan Concellos 2017 ao Concello de Marín.
A vila do Morrazo recibirá este investimento para financiar a segunda fase da mellora do comportamento hidráulico do río Lameira. Ata o momento, Marín ten recibido xa o 75,1% do orzamento que a Deputación de Pontevedra lle destina no marco do Plan Concellos 2017, isto é, unha achega valorada en 771.466,51 euros dos preto dun millón de euros que lle corresponden neste exercicio.
Coas axudas aprobadas na última xunta de goberno provincial a Deputación leva xa distribuídos máis de 20,6 millóns de euros, é dicir, o 80,3% da liña 1 destinada á mellora de espazos, infraestruturas e instalacións públicas que este ano ten un orzamento de 25,7 millóns de euros.
A totalidade do Plan Concellos ten unha dotación de 41,2 millóns de euros, estando aprobados máis do 79,3% do seu orzamento total.