O goberno local de Sanxenxo recoñece que segue habendo problemas coa movida nocturna
Por Oskar Viéitez
O alcalde e a concelleira de xestión e planificación urbanística reuníronse cos propietarios dos locais de copas do porto deportivo. É o terceiro encontro que teñen con eles.
Desde o goberno informáronlles que o Concello está a poñer "todos os recursos dispoñibles" e facendo un "esforzo importante" para controlar os excesos da movida. E proba diso é que "a situación mellorou moito con respecto a outros anos". "Pero non nos conformamos, segue habendo problemas puntuais e os locais, así como estao facendo o Goberno, deben poñer todo o seu esforzo e implicación neste tema", recoñeceron desde o goberno local.
Durante a reunión lembrouse a obrigatoriedade de conectar o sonómetro e de cumprir o aforamento que permite a licenza do local, pois o goberno non vai dubidar en tomar todas as medidas que sexan necesarias contra quen incumpra e manteña a música alta no exterior ou excedan os aforamentos permitidos.
Finalmente o goberno local advertiu que "se algún local decide ignorar o cumprimento da lei, será tomarán as medidas necesarias".